Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.335

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria.

Visto o acordo da revisión do convenio colectivo para a empresa Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria (código 2700762 ), da provincia de Lugo, asinado o día 8 de febreiro de 2001, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 13 de marzo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta

Asistentes:

-Pola empresa:

Luis Pardo Fernández

34.256.996

Rosa Merino Conde

10.537.186

Victoria López Díaz

34.252.373

-Pola parte social:

Amalia Toirán Armesto

76.613.675

Representante sindical de CC.OO. 100%

Manuel Fernández Vicente

34.248.267

Asesor de CC.OO

Luís Anxo Fernández Pena

33.832.404

Asesor de CC.OO.

En Sarria, sendo as 17 horas do día 8 de febreiro de 2001, xúntanse nos locais da Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria, as persoas sinaladas na marxe, integrantes todas elas da comisión negociadora para o persoal da Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria (Lugo), e despois de amplas deliberacións adoptan os seguintes.

ACORDOS:

Primeiro.-Apróbanse as táboas salariais para o ano 2000, co incremento salarial do 1,4% en tódalas categorías (anexo I).

Segundo.-Aplicar unha suba salarial, sobre tódolos conceptos retributivos do persoal, na contía do 3%, co cal as táboas salariais para o ano 2001 do convenio colectivo para o persoal da Residencia da Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria son as que se indican na folla que figura como (anexo II) á presente acta.

Terceiro.-Para as revisións económicas terase en conta a cláusula de revisión salarial, que garantirá sempre o poder adquisitivo en caso de desviación do IPC.

Cuarto.-En canto ó artigo 9º do convenio colectivo sobre licencias e permisos retribuídos, no seu punto d) acórdase pasar a 6 días ó ano para asuntos persoais sen xustificación.

Quinto.-Acórdase finalmente remiti-las presentes actas e o texto do convenio, xunto cos seus anexos, á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E non tendo máis asuntos que tratar, péchase a xuntanza sendo as 18 horas da data citada ó comezo.

-Pola empresa,

Luis Pardo Fernández

Rosa Merino Conde

Victoria López Diaz

-Por CC.OO,

Amalia Toirán Armesto

Manuel Fernández Vicente

Luís Anxo Fernández Pena

ANEXO I

Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen

de Sarria

Táboas salariais para o ano 2000

CategoríasSalario

base

Complemento

de asistencia

Complemento

de domingos

e festivos

Auxiliar de clínica99.33311.7645.998

Cociñeira99.33311.7645.998

Auxiliar administrativo99.33311.7645.998

Axudante de cociña93.26311.7645.998

Camareira-limpadora93.26311.7645.998

Oficios varios93.26311.7645.998

Diferencias anuais do IPC, ano 2000 segundo categorías

Auxiliar de clínica

Cociñeira

19.1941.944996

Axudante de cociña

Camareiras, oficios varios

18.0321.944996

ANEXO II

Táboas salariais para o ano 2001

CategoríasSalario

base

Complemento

de asistencia

Complemento

de domingos

e festivos

Auxiliar de clínica102.31312.1176.178

Cociñeira102.31312.1176.178

Auxiliar administrativo102.31312.1176.178

Axudante de cociña96.06112.1176.178

Camareira-limpadora96.06112.1176.178

Oficios varios96.06112.1176.178