Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o 2-4-2001, adoptou, entre outros, o acordo de aproba-la modificación puntual do estudio de detalle e proxecto de compensación por instancia de Calo Galanas, S.L., para a construcción da edificación de vivendas nas Galanas-Calo cambiando a localización do edificio dentro do soar para aumenta-la distancia de seguridade á liña de tendido eléctrico.

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que coiden oportunas.

Teo, 3 de abril de 2001.

Armando Blanco Martínez

Alcalde