Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO (sec-2001000117).

Convocatoria de concurso: asistencia técnica para a elaboración do proxecto de acondicionamento das ribeiras urbanas do río Támega ó seu paso pola vila de Verín (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 117/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a elaboración do proxecto técnico de acondicionamento das ribeiras urbanas do río Támega ó seu paso pola vila de Verín (Ourense).

b) Lugar de execución: Concello de Verín.

c) Duración: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 11.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín.

b) Domicilio: praza do Concello.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 988 41 00 00.

e) Fax: 988 41 19 00.

f) Data límite da obtención de documentos e información: o oitavo día natural (oito días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural (oito días naturais) desde o seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación do expediente de contratación: decreto da Alcaldía do 23-3-2001.

c) Consulta de documentación: secretaría do concello.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 23 de marzo de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde