Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o 22 de febreiro de 2001, adoptou acordo de reitera-la aprobación definitiva do estudio de detalle para o reaxuste de aliñacións en rúa Calvo Sotelo, esquina estrada de Pintín, tramitado por instancia de Julio Carloto Sánchez, o cal foi anulado pola sentencia 1337/2000, do 2 de novembro, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ó mendarse o vicio en que incorría o acto anulado, mediante a presentación dun proxecto de idéntico obxecto e contido asinado por un arquitecto.

O dito acordo poderá ser recorrido potestativamente en reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes contado do día seguinte ó da presente publicación, ou ben poderase, interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, diante do Xulgado co Contencioso-Administrativo de Lugo ou a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo corresponda, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Sarria, 14 de marzo de 2001.

O alcalde

Rubricado