Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión que tivo lugar o día 27 de marzo de 2001, e a Comisión de Goberno, en sesión do 29 de marzo de 2001, adoptaron, respectivamente, os seguintes acordos:

1. Aprobar con carácter inicial unha modificación puntual do PXOU redactada polo arquitecto municipal, que ten por obxecto:

a) Modifica-la delimitación da ZV-5, excluíndo dela unha parcela de 449,4 m nas inmediacións da igrexa de Santiago do Burgo e incluíndo outra de 788 m clasificada como solo urbano-ordenanza 6, colindante coa citada ZV-5 e de titularidade municipal.

b) Cualificar como equipamento relixioso unha parcela de 2.000 m nas inmediacións da igrexa de Santiago do Burgo e establece-la súa ordenación.

2. Aprobar, con carácter inicial, unha modificación puntual do Plan especial 2 da igrexa e zonas contiguas á ría do Burgo, que ten por obxecto introducir no devandito documento a modificación do PXOU inicialmente aprobada polo Pleno municipal o día 27 de marzo de 2001, que afecta á ordenación e actuación prevista no Plan especial sobre unha par

cela nas inmediacións da igrexa e a outra parcela que na modificación do PXOU se inclúe na delimitación da ZV-5.

Sométense as modificacións inicialmente aprobadas a información pública polo prazo dun mes contado desde a última publicación deste anuncio (Diario Oficial de Galicia ou xornal) durante o que poderán ser examinadas nas dependencias da Área de Urbanismo do concello e formularse as alegacións que se consideren convenientes.

Culleredo, 30 de marzo de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo