Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión realizada o día 13 de marzo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar con carácter definitivo un Plan especial de reforma interior dun ámbito de solo urbano, ordenanza 2, en Monte Alfeirán, parroquia de Rutis, promovido pola sociedade Maestro Mateo Diseño, S.L. segundo documento redactado polo arquitecto José Mantiñán Soler, texto refundido visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia o 22 de febreiro de 2001, no que se introducen determinadas modificacións respecto ó inicialmente aprobado, co obxecto de cumpri-las observacións contidas no informe emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de conformidade co artigo 42.5º da LSGA.

Determinar que este acordo esgota a vía administrativa e pode impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contará desde a súa publicación sen prexuízo da posibilidade de interpoñer previamente recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que o adoptou.

Culleredo, 19 de marzo de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo