Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 56, do 9 de marzo de 2001, publicouse acordo da Comisión de Goberno do día 23 de febreiro de 2001, polo que se aproban as bases de:

-C.E. 1/00. 1 praza de supervisor técnico da área de medio ambiente.

-C.E. 2/00. 1 praza de inspector de medio ambiente.

-C.E. 3/00. 2 prazas de técnicos auxiliares de medio ambiente.

-C.E. 4/00. 1 praza de encargado na área de medio ambiente.

-C.E. 5/00. 14 prazas de auxiliares de Administración xeral.

-C.E. 6/00. 1 praza de enxeñeiro de camiños, canais e portos.

-C.E. 7/00. 1 praza de enxeñeiro industrial.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Despois da devandita publicación, os sucesivos anuncios relativos ás convocatorias publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

P.D.

Concelleira delegada de persoal

Rubricado