Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.281

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión das táboas salariais para o ano 2001 do convenio colectivo da empresa Unión de Distribuidores de Electricidad, S.A.

Visto o texto da revisión salarial para o ano 2001 e de aclaración do artigo 9 sobre xornada de traballo do convenio colectivo da empresa Unión de Distribuidores de Electricidad, S.A. (UDESA) (código convenio nº 1502762) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-2-2001, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo integrada en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo delegado de persoal o día 24-1-2001, de conformidad co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistgro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidad Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta

nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de marzo de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

En Santiago de Compostela, sendo as 10 horas do día 24 de xaneiro de 2001, reúnense, en representación da empresa Unión de Distribuidores de Electricidad, S.A., José Manuel Arufe Rieiro, e en representación dos traballadores/as, Jesús Becerra Queijo, como delegado de personal, y Alfredo Santomil García, como asesor sindical da CIG, como membros da comisión paritaria regulada no artigo 5º do convenio colectivo en vigor, co obxecto de proceder á revisión das táboas salariais para o ano 2001, e aclara-lo contido do artigo 9º do convenio relativo á xornada de traballo.

Procédese a revisa-las táboas salariais para o ano 2001 de acordo co establecido no artigo 13º. Os salarios son os que figuran no anexo I desta acta, resultando de aplicar unha suba lineal para tódalas categorías de 7.119 pesetas mensuais.

Así mesmo, revísanse os importes das gardas establecidas no artigo 21º, do seguinte xeito:

Zona de Cerceda: 12.600 pesetas.

Zona de Mesía e Arca: 15.570 pesetas.

Téndose detectado un erro de transcrición do texto do artigo 9º, acórdase que a súa redacción é a seguinte:

Artigo 9º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais, de luns a venres, para o persoal de campo.

O persoal administrativo gozará da xornada de verán establecida desde o 15 de xuño ó 15 de setembro, cun horario de 8 horas a 14 horas, de luns a venres. O horario de inverno será de 9 horas a 15 horas, de luns a venres, e de 16 horas a 19 horas, os martes e xoves.

Sen máis asuntos que tratar dáse por rematada a xunta sendo as 11 hoas do día do encabezamento.

ANEXO I

Táboas salariais ano 2001

Categorías

Salario base

mensual

Salario base

anual

Xefe de persoal197.3753.454.063

Supervisor técnico197.3753.454.063

Xefe administración197.3753.454.063

Oficial 1ª administrativo155.4112.719.693

Oficial 2ª administrativo144.8972.535.698

Oficial 3ª administrativo134.3832.351.703

Auxiliar administrativo110.9831.942.203

Oficial de 1ª155.4112.719.693

Oficial de 2ª144.8972.535.698

Oficial de 3ª134.3832.351.703

Peón especialista110.9831.942.203