Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.282

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector do comercio de maioristas de froitas varias, hortalizas e plátanos da provincia da Coruña.

Visto o texto de incremento salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector do comercio de maioristas de froitas varias, hortalizas e plátanos da provincia da Coruña (código convenio 1501005) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-3-2001, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo integrada en representación da parte económica pola Asociación de Asentadores y Mayoristas de Frutas de la Provincia de A Coruña, e da parte social por CC.OO. o día 13-2-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto

dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de marzo de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de comercio maioristas de froitas, hortalizas e plátanos da provincia da Coruña

-Parte social:

Juan Esparza.

Olga Montes.

José Ramón Grela (asesor CC.OO.).

-Parte empresarial:

Víctor Dopico.

Rafael Verdía (asesor).

Na Coruña o 13 de febreiro de 2001, sendo as 19 horas, reúnense as partes relacionadas, integrantes da comisión paritaria do convenio colectivo de maioristas de froitas, hortalizas e plátanos da provincia da Coruña.

O obxecto da reunión é proceder á aplicación do incremento salarial acordado no artigo 22 do vixente convenio colectivo. Para tal efecto acordan:

Primeiro.-Incrementa-las táboas salariais do ano 2000 no 2,5%, as cales pasan a forma-lo anexo I do vixente convenio colectivo.

Segundo.-O complemento de transporte e as axudas de custo pasan a te-la seguinte contía:

Complemento transporte: 6.816 pesetas.

Axudas de custo:

Comida: 1.330 pesetas.

Cea: 1.855 pesetas.

Durmir: 3.185 pesetas.

Terceiro.-Autorizar a José Ramón Grela para que dilixencie tódolos trámites relativos ó rexistro, depósito e publicación.

Sen máis asuntos que tratar levántase a reunión, sendo as 20 horas do día indicado máis arriba.

Táboas salariais ano 2001

Sector maiorista de froitas varias, hortalizas

e plátanos

Categoría profesional

Salario

mensual

Antigüidade

cuadrienio

Salario

anual

Director comercial105.5113.6071.582.665

Encargado xeral105.5113.6071.582.665

Oficial adtivo.98.6263.6071.479.390

Administrativo95.6153.6071.434.225

Aux. adtivo.94.4203.6071.416.300

Aux. adtivo. menor 18 anos80.3003.6071.234.620

Dependente95.6153.6071.434.225

Axudante94.4203.6071.416.300

Chofer95.6153.6071.434.225

Chofer repartidor95.6153.6071.434.225

Mecánico95.6153.6071.434.225

Axudante mecánico93.0613.6071.404.015

Mozo especialista94.9223.6071.423.830

Mozo93.0613.6071.395.915

Axudante menor 18 anos82.3081.234.620

Vixilante, garda nocturno, ordenanza93.0613.6071.395.915

Persoal limpeza93.0613.6071.395.915