Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas, na sesión do 21 de febreiro de 2001, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o plan parcial industrial SAU-04, coas observacións contidas no informe do 19 de xaneiro de 2001, emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do parque empresarial (polígono industrial SAU-04).

A eficacia do referido acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan aprobado queda condicionado ó cumprimento no disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, en relación co establecido na lexislación do réxime local.

O que se fai público coa indicación de que o citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra este cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación ou notificación, se é o caso, todo iso sen prexuízo de que poida exercitarse calquera outro recurso que se estime procedente.

Segundo o establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, publícase no BOP o contido das ordenanzas reguladoras aprobadas.

Salceda de Caselas, 6 de abril de 2001.

José M. Fernández Rodríguez

Alcalde