Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 29 de xaneiro de 2001, acordou corrixi-lo erro detectado no proxecto de compensación do polígono único do solo urbanizable programado número 4 (SUP-4) de Conxo, aprobado definitivamente polo Pleno do Concello o día 27 de abril de 1998, en relación coa extensión superficial da parcela resultante L-2 e, en consecuencia:

Na ficha descritiva de parcela L2, no que se indica a súa superficie en m, onde di 586 terá que dicir 896 m.

No cadro 1 anexo á memoria, na segunda columna, indicativa da superficie en m das distintas macroparcelas, onde di 6250 (parcela L) terá que dicir 6560, e onde di 35.732 (total) terá que dicir 36.042.

No cadro 2 de anexo á memoria, na segunda columna, indicativa da superficie en m das distintas parcelas resultantes, onde di 586 (parcela L2) terá que dicir 896, e onde di 31.681 (total suma) terá que dicir 31.991.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2001.

Luís Toxo Ramallo

O concelleiro delegado de Urbanismo