Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO (2000109s).

Asunto: aprobación definitiva de estudio de detalle por acordo plenario do 26-1-2001.

Promotor: Ramón gonzález Pombo e Hijos, S.A.

Ámbito: parcela situada na rúa Bernardo Vázque na súa confluencia coa rúa en proxecto ó SAU-4.

Finalidade: axusta-las edificacións á aliñación e rasante fixadas e ás disposicións de planeamento.

Trámite: publicación.

Normas reguladoras: art. 48 e concordantes da Lei do solo de Galicia e 140.6 do Regulamento de xestión urbanística.

O que se fai público coa indicación de que o citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el cabe interpoñer recurso contencioso administativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación ou notificación, segundo o caso, todo iso sen prexuízo de que poida exercerse calquera outro recurso que se estime procedente.

Nigrán, 13 de marzo de 2001.

Manuel Rial Cadaval

Alcalde