De conformidade co disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase concurso polo procedemento aberto e poxa para a adxudicación polo Concello de Marín da execución das obras de renovación do pavimento e servicios na rúa Caracol, conforme o seguinte contido:
1. Obxecto: a adxudicación das obras de renovación do pavimento e servicios na rúa Caracol.
2. Prezo do contrato: 22.275.844 pesetas (IVE incluído).
3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.
4. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, en horas das 9 ás 14, agás do sábado que será de 9 a 13 horas. durante o prazo de vinteseis días naturais (26), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia. (Tomarase en conta estes efectos a derra
deira publicación en calquera destes dous diarios oficiais).
5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións do presente concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares e proxecto aprobado pola Comisión de Goberno de data 8-3-2001 redactado pola arquitecta municipal que se atopan á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.
6. Apertura de proposicións: o sobre B, que conterá a proposición económica abrirase na sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 11 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado celebrarase o día seguinte hábil á mesma hora.
Marín, 12 de marzo de 2001.
Fco. Antonio Santiago Fernández
Alcalde