Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (244/2001).

De conformidade co disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase concurso polo procedemento aberto e poxa para a adxudicación polo Concello de Marín da execución das obras de urbanización

zona sur da barriada de San Pedro, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto: a adxudicación das obras de urbanización da zona sur da barriada de San Pedro.

2. Prezo do contrato: 21.720.367 pesetas (IVE incluído).

3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

4. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, en horas das 9 ás 14, agás do sábado que será de 9 a 13 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais (26), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia. (Tomarase en conta estes efectos a derradeira publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións do presente concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares e proxecto aprobado pola Comisión de Goberno de data 8-3-2001 redactado pola arquitecta municipal que se atopan á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B, que conterá a proposición económica abrirase na sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 11 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado celebrarase o día seguinte hábil á mesma hora.

Marín, 12 de marzo de 2001.

Fco. Antonio Santiago Fernández

Alcalde