Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-212/2000, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

ANEXO

Expediente nº: P-212/2000.

Denunciada: Mª Digna Santos Santos.

DNI: 34.546.490-T.

Enderezo: A Granxa, nº 6-Velle. Ourense.

Feito denunciado: ceba-las aguas con fins de pesca empregando pensos compostos granulados. Feitos constatados o día 8-7-2000, ás 11.45 h no río Miño-embalse de Belesar. Friamonde.Taboada. Lugo.

Precepto sancionador: 34.14º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para a práctica desta actividade por un período dun ano.

Lugo, 21 de febreiro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo