Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-300/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, podendo ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesadas disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na delegación provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

ANEXO

Expediente nº: P-300/2000.

Denunciado: Pizarras Ríos Baos, S.L. (NIF B-27254275).

Último enderezo coñecido: polígono industrial de Vilalba-parcela nº 13-4. Vilalba. Lugo.

Feitos imputados: a formación de entullo nas proximidades do río Vaos, ó longo de 150 m cunha altura media de 40 m, sendo susceptible de ser arrastrado polas chuvias, co conseguinte dano para a poboación ictícola; non existe autorización por parte do órgano hidráulico da cunca. Feitos constatados o día 21-10-2000, ás 11 horas no río Vaos-Cartea-Ribeira de Piquín. Lugo.

Precepto sancionador: 35.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 500.001 pesetas de multa.

Lugo, 7 de marzo de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo