Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCION do 11 de abril de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de operación telefónica na central de emerxencia 112-SOS-Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 01/13/00467.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de operación telefónica na central de emerxencias 112-SOS-Galicia.

b) División por lotes e número: división en sete (7) lotes segundo o seguinte detalle:

-Lote 1: servicio de operación principal da CEE 112.

-Lote 2: servicio de operación de idiomas da CEE 112.

-Lote 3: servicio de supervisión da CEE 112.

-Lote 4: servicio de enlace da CEE 112.

-Lote 5: servicio de información da CEE 112.

-Lote 6: servicio auxiliar da CEE 112.

-Lote 7: coordinación dos servicios.

c) Lugar de prestación do servicio: o sinalado no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: un (1) ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 200.290.670 pesetas, IVE incluído, segundo o seguinte detalle:

Anualidade 2001:

-Lote 1: 34.966.186 pesetas.

-Lote 2: 38.068.446 pesetas.

-Lote 3: 8.809.858 pesetas.

-Lote 4: 16.244.961 pesetas.

-Lote 5: 2.610.409 pesetas.

-Lote 6: 12.348.803 pesetas.

-Lote 7: 3.787.561 pesetas.

Total lotes: 116.836.224 pesetas.

Anualidade 2002:

-Lote 1: 24.975.847 pesetas.

-Lote 2: 27.191.747 pesetas.

-Lote 3: 6.292.756 pesetas.

-Lote 4: 11.603.544 pesetas.

-Lote 5: 1.864.578 pesetas.

-Lote 6: 8.820.573 pesetas.

-Lote 7: 2.705.401 pesetas.

Total lotes: 83.454.446 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional:

-Os licitadores que presenten oferta á totalidade dos lotes deberán constituír unha fianza provisional de 4.005.813 pesetas (2% do prezo de licitación dos 7 lotes).

-Os licitadores que presenten oferta a un lote de contía superior a 35.660.846 pesetas (IVE excluído), deberán constituír unha fianza provisional polo importe do 2% do prezo de licitación do lote.

-Os licitadores que presenten oferta a dous ou máis lotes de contía superior a 35.660.846 pesetas, deberán constituír unha fianza provisional equivalente ó 2% da suma do importe de licitación dos lotes.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 60 20/54 45 17.

e) Fax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

g) Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos del contratista.

Clasificación: segundo o sinalado na letra G do cadro de características do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ó oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771-Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.

f) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, Bloque 5-3ª planta.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería o décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2001.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais