Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración consistente na adquisición de 35 vehículos do grupo D-1 con destino á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de 35 vehículos do grupo D-1 con destino á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: un.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: 15 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sesenta e dous millóns oitocentas mil pesetas (62.800.000 pesetas)= 377.435 euros. Das cales: en metálico: 60.000.000 de pesetas= 360.607 euros e do Programa Prever: 2.800.000 pesetas= 16.828 euros.

5. Garantías.

Provisional: 1.256.000 pesetas (7.548 euros).

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral. Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 38.

e) Telefax: 981 54 57 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación/.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: exenta.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 28 de maio de 2001.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 5 de xuño de 2001.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria