Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de bens de equipo e mobiliario para a residencia asistida de Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais-Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: camas, cadeiras de brazo e electrodomésticos.

b) Número de unidades: ver prego técnico.

c) División por lotes: lote único.

d) Lugar de entrega: residencia asistida de Vigo (Meixoeiro, s/n, Vigo).

e) Prazo de entrega: trinta días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: dezasete millóns setenta mil (17.070.000) pesetas; (102.593 euros) IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 341.400 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, edificio Pirámide.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 77; fax: 981 54 56 63.

e) Internet: www.sergas.es.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 10 hora do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, s/n, 2ª planta, Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas (ver punto 6.b).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o undécimo día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

9. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais