Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 128/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento urb. U.E. Oleiros (L.M.T. Lamastelle-Mera-Sada).

Situación: Oleiros.

Descricións técnicas: -recuamento de liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3x(1x240) mm Al, de 710 m de lonxitude, a primeira con orixe en apoio de formigón proxectado na rúa Coruxo da L.M.T. Lamastelle-Mera-Sada (tramo Lamastelle-Santa Cruz) e remate no C.T. Santa

Cruz Molino (expediente 26915), e a segunda con orixe en torre metálica proxectada na rúa Eira da Concha (tramo Santa Cruz-Sada) e remate na L.M.T.S a C.T. Coruxo (expediente 50777), no concello de Oleiros.

-C.T. non prefabricado en urbanización U.E. 9, de 1.000 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,380-0,220 kV, no concello de Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña