Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do R.D- 1955/2000,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.
Domicilio social: Igrexa, 14, 36201 Ponte Caldelas.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. urbanización Pazos.
Situación: Ponte Caldelas.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 10 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde a L.M.T. Pazos-Ponte Caldelas ata o C.T. que se proxecta na urbanización Pazos, no concello de Ponte Caldelas. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380 V. R.B.T., aérea, de 1.164 m de lonxitude, con conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 19 de febreiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra