Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se declara a tramitación, polo procedemento de urxencia, do expediente da liña de Unión Fenosa Distribución, S.A. L.M.T.-C.T. O Pombal no concello de Mos, e se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación. (Expediente 382/1995 A.T.).

Ó abeiro do establecido no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico,

na que se determina que a declaración de utilidade pública leva implícita a declaración de necesidade da urxente ocupación, polo que se modifica o carácter extraordinario da tramitación polo procedemento de urxencia que pasa a converterse en tramitación ordinaria, competencia desta delegación, e vistas as alegacións formuladas polos afectados, esta delegación

ACORDA:

Primeiro.-Declarar en concreto a necesidade da ocupación polo procedemento de urxencia establecido no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que máis abaixo se relacionan, coa fin de levar a cabo a execución da liña A.T. 95/382 L.M.T.-C.T. O Pombal, da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. a que este expediente se refire, da que a autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública foron otorgadas polas respectivas resolucións desta delegación do 28 de xuño de 1996.

Segundo.-Establece-la afección dos titulares, bens e dereitos que se achega, co alcance que se determina.

Terceiro.-Sinala-la data para o levantamento das actas previas á ocupación, o que se levará a cabo, sobre o terreo, a partir das 10 horas do día 19 de abril de 2001, polo que deberán acudi-los afectados ou persoa que os represente, provistos dos documentos que acrediten de modo fidedigno a propiedade e podendo facerse acompañar de perito ou notario á súa custa.

Predios: 1-34.

Hora: 10.

Día: 19-4-2001.

Nº de expediente: 95/382.

Denominación da liña: L.M.T.-C.T. O Pombal.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Situación da liña: O Pombal-concello de Mos.

Condicións técnicas: liña de 15/20 kV de 600 m de lonxitude, conductor LA-56, sobre apoios de formigón.

De acordo co disposto no artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa contra o presente acordo non procede recurso ningún; non obstante, os interesados poderán, unha vez publicada este relación e ata o momento de actas previas, formular por escrito, perante esta delegación, alegacións para o efecto de corrixir posibles erros que se padeceran na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

Vigo, 7 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 95/382Provincia: Pontevedra

L.M.T., C.T., R.B.T. O PombalTermo municipal: Mos

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1PereirosMonte altoDolores Vila NúñezPunta Pedra, s/n

36415 Louredo-Mos

116

2PereirosMonte altoCarmen Pérez PérezRufana, s/n

36415 Louredo-Mos

210160

6PereirosMonte altoCarmen Vila PérezTorroeira, s/n

36415 Louredo-Mos

84

14LagoasMonte baixoJuan Figueroa AlonsoVeigadagra, 7

36879 Mondariz

20320

15LagoasPradoCarmen Calvar LorenzoMouro, s/n

36860 Mouro-Ponteareas

28339

18PortoLabradíoConstantino Rodríguez RomeroAmeiro Longo, s/n

36418 Sanguiñeda-Mos

4,545

19PortoLabradíoMaría Luz Campo BlancoPantaño, s/n

36415 Louredo-Mos

28280

20BandeiraPradoJosé Francisco Campo LópezPantaño-Louredo, s/n

36415 Mos

15150

25TabladosPradoJaime Sines de PradoR/ Vista Alegre, 26, 1º D

36201 Vigo

43430

27LagoasPradoCarmen Calvar LorenzoMouro, s/n

36860 Ponteareas

20200

28Fonte AbalLabradíoUrbano Álvarez RodríguezO Pombal, s/n

36415 Louredo-Mos

18180

31Fonte AbalLabradíoJuan Luis Álvarez FerreiraR/ Lourido urb. Samil, 20

36204 Vigo

50343

34Fonte AbalViña-laborHermosa Veiga VeigaO Pombal, s/n

36415 Louredo-Mos

1034340