Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 6 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 130/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. r/ Arxentina, 1.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: -liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3x(1x240) mm Al, de 120 m de lonxitude, con orixen en L.M.T.S. entre os CC.TT. Álvaro Cunqueiro e Lista (expediente 6356) e remate en C.T.C. proxectado, no concello de Carballo.

-C.T.C. en r/ Arxentina 1, de 250 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,380-0,220 kV, no concello de Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 6 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña