Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.177

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (75/2000).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 75/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Procedemento: xuízo de faltas 75/2000.

En Santiago de Compostela, 10 de maio de 2000.

En nome de S.M. El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de Instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 75/2000, seguida por unha falta de lesións, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciante, Georges Roger Sacaze e, como denunciado, Garikoita Landa Jiménez, pronunciou a seguinte sentencia.

Decido que debo condenar e condeno a Garikoita Landa Jiménez como autor dunha falta de lesións do artigo 617.1º do Código Penal, á pena de arresto de cinco fins de semana.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña-sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Georges Roger Sacaze, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o dezanove de marzo de dous mil un.

O secretario

Rubricado