Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.178

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (436/2000).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 436/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Procedemento: xuízo de faltas 436/2000.

En Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2000.

En nome de S.M. El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 436/2000, seguida por unha falta de atentado, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, os axentes da Policía Local de Santiago de Compostela, cos números de identificación 0128 e 0017, denunciantes, e como denunciados Romano Sión e Paula Lázara Castelo, pronunciou a seguinte sentencia.

Decido que debo condenar e condeno a Romano Sión como autor de dúas faltas, unha do artigo 634 do Código Penal á multa de 30 días e cota diaria de 2.000 pesetas/día e outra do artigo 617.2º do Código Penal, á multa de 20 días e cota diaria de 2.000 pesetas/día, con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non pagadas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña-sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Romano Sión, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o dezanove de marzo de dous mil un.

O secretario

Rubricado