Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.177

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (351/1997).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuña

que no xuízo de faltas número 351/1997, se dictou a presente providencia, que di:

«Santiago de Compostela, dez de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Recibido o anterior oficio do colexio de avogados de Santiago de Compostela, únase ós autos da súa razón. Á vista do anterior oficio e dado que o expediente de nomeamento de avogado en relación coa presentación do recurso de apelación de Paulo Sergio Trigo Pinto, foi arquivado, póñase en coñecemento del e a seguir continúen os autos o seu correspondente trámite.

Por presentado o anterior escrito por Bruno Paz Fraga, únase ós autos da súa razón. Tense por interposto recurso de apelación contra a sentencia dictada por este xulgado e déase traslado ás demais partes por termo de dez días para que formulen impugnación ou adhesión a el e, transcorridos os ditos días, téñanse presentado ou non escritos, elévense os autos á Audiencia Provincial no prazo de dous días.

E para que conste e sirva de notificación de providencia de admisión do recurso a Paulo Sergio Trigo Pinto, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, vinteseis de outubro de dous mil».

O secretario

Rubricado