Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.176

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (256/1999).

En Santiago de Compostela, tres de outubro de 2000.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de Instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 256/1999, seguida por unha falta de lesións imprudentes, no que foron partes, como denunciante Mª Luisa González Creo, como denunciado Francisco Rodríguez Oliveira e como

responsable civil subsidiario Ambulancias Rías Baixas e a compañía de seguros Winterthur, representada pola procuradora Mª Soledad Sánchez Silva, pronunciou a seguinte sentencia:

Antecedentes de feito.

Único.-A parte denunciante, no acto de xuízo oral, non formulou acusación, renunciando ás accións civís e penais.

Feitos probados.

Único.-Mª Luisa González Creo, o día 8 de novembro de 1999, formulou denuncia contra Francisco Rodríguez Oliveira, na que o acusa de atropello sufrido o día 25 de xuño de 1999, feitos que non quedaron acreditados no acto de xuízo de faltas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Segundo doutrina sentada polo Tribunal Constitucional (St. 18-4-1985), no sistema penal español rexe o principio acusatorio conforme o cal a facultade de xulgar depende de que algunha das partes procesuais, xa sexa o Ministerio Fiscal ou o acusador particular, exerzan a acción penal, pois só neste caso poderá o xuíz dictar sentencia condenatoria, quedando en caso de falta de acusación vinculado por este e compelido a dictar sentencia absolutoria.

En consecuencia, aplicando o disposto ó presente caso, ó non interporen acusación (en trámite de conclusións), ningunha das partes, sen que, vistas as circunstancias do caso, proceda facer uso da facultade establecida no artigo 644 da L. a. crim., nin por analoxía do previsto no artigo 733 do mesmo corpo penal, procede dictar sentencia absolutoria.

Segundo.-As custas deben ser declaradas de oficio, conforme os artigos 123 do Código penal e 239 e 240 da L. a. crim.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido que debo absolver e absolvo a Francisco Rodríguez Oliveira, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña -Sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación.-Foi dada, lida e publicada a anterior sentencia polo mesmo xuíz que a dictou, en audiencia pública en Santiago de Compostela, o tres de outubro de dos mil, do que eu, o secretario, dou fe.

Rubricado