Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente aclaratorio e complementario 1/2000 ó proxecto de compensación do polígono número 22 do PERI do Calvario, referente ás parcelas B-D-E-W-X (expediente 4273/401).

A xunta de compensación urbanizadora do polígono de actuación núm. 22 do PERI do polígono do Calvario, en data 5 de xullo de 2000, acordou aprobar inicialmente o expediente aclaratorio e complementario 1/2000 ó proxecto de compensación da devandita unidade de execución, presentado no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo en data 30 de xaneiro pasado.

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia para que se presenten cantas alegacións ou documentos se estimen por convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Vigo, 12 de marzo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo