Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 5 de marzo de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle do número 5 da rúa Ánxel Casal, promovido por Jesús Vilar Beiroa.

O ámbito do estudio de detalle está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: edificio número 3 da rúa Ánxel Casal, propiedade de Marisol Vilar Beiroa.

Sur: edificio número 7 construído por José Blanco Pazos, no que se atopan as oficinas de Augas Galicia.

Leste: rúa de Ánxel Casal e praza de Camilo Díaz Baliño.

Oeste: traseiras dos edificios números 3 e 5 da rúa do Pino.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2001.

Luis Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo