Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO de contratación de obras de instalacións deportivas.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións, para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite ordinario. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, o modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Denominación/concello/prazo de execución/clasificación/tipo de licitación sobre o que se aplicará a baixa da poxa:

-Instalacións deportivas e recreativas/Os Blancos/6 meses/C.2.c/45.000.000 de pesetas.

-Polideportivo cuberto e pista descuberta no campo das Trigueirizas (1ª fase/Celanova/14 meses/A.1.e, C.1a9.e, I.be9.e, K.7e9.c/178.792.360 pesetas.

-Pavillón polideportivo en Rioseco/Paderne de Allariz/12 meses/C.todos.d/70.484.625 pesetas.

Ademais, teranse en conta as cantidades por honorarios de dirección e outros conceptos que figuran detallados no último parágrafo do prego de condicións publicado no BOP antes mencionado.

Ourense, 10 de abril de 2001.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense