Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

EDICTO.

Aprobado na sesión plenaria do día 5 de abril de 2001 con carácter definitivo o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santa Comba, logo do informe preceptivo e vinculante emitido en sentido favorable polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do día 2 de xaneiro de 2001, coas correccións sinaladas no dito informe, e de conformidade co disposto no artigo 48, parágrafo 2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, na redacción dada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro, procédese a facer pública a dita aprobación.

Contra este acordo poderá interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó desta notificación (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa) perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo (segundo a distribución competencial establecida polos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa), advertíndolle que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que considere pertinente e exerce-las accións que procedan perante a xurisdicción competente.

Santa Comba, 6 de abril de 2001.

José Toja Parajó

Alcalde