Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado polo Concello Pleno, en sesión do 3 de marzo de 2001, o prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) que rexerán no concurso, con preocedemento aberto e trámite ordinario, para contrata-la execución dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e execución de cartografía do Concello de Redondela, exponse ó público polo prazo de 8 días contados a partir do seguinte hábil ó da última publicación deste anuncio nos diarios oficiais.

Simultaneamente, anúnciase o concurso aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Enderezo: Alfonso XII nº 2, Redondela (Pontevedra).

c) C.P.: 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e execución de cartografía do Concello de Redondela.

b) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

3. Tipo de contrato.

Contrato de consultoría e asistencia, agrupado na categoría 12 das indicadas no artigo 206 da LCAP (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación.

Importe total: 66.575.000 pesetas, equivalentes a 400.123,808494 euros, á baixa.

6. Entrega dos traballos.

a) Lugar: rexistro xeral do Concello de Redondela.

b) Prazo: 24 de meses de prazo total, desagregados en prazos parciais segundo fases.

7. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Forma de pagamento e financiamento.

a) Pagamento por fases segundo cláusula 5ª dos pregos (PCAP).

b) Financiamento: plurianual, cláusula 4ª dos pregos (PCAP).

9. Obtencióan de documentación e información.

a) Lugar: Negociado de Urbanismo da entidade adxudicadora, segundo os datos indicados no punto 1º.

b) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Requisitos específicos do contratista.

Deberán reuni-los requisitos de solvencia académica, profesional, técnica e científica necesaria para o desenvolvemento dos traballos, segundo se indica nos pregos técnicos e administrativos.

11. Presentación de ofertas.

a) Data límite: día (14) catorce de maio do ano que corre, ou o día do vencemento do prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio nos boletíns oficiais españois (BOP, DOG, BOE), se este día é posterior ó 14 de maio.

b) Forma: indicada na cláusula 12ª (PCAP).

c) Lugar de presentación: na secretaría ou no rexistro xeral da entidade adxudicadora.

d) Documentación: a esixida na cláusula 13ª (PCAP).

e) Idioma: castelán ou galego.

f) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

12. Apertura de ofertas.

a) Lugar: salón de sesións da entidade adxudicadora.

b) Data: 12 horas do día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

c) Persoas admitidas: acto publico.

13. Outras informacións.

O modelo de proposicións e a documentación que hai que presentar axustarase ás cláusulas 12ª e 13ª do prego de cláusulas administrativas (PACP). Os criterios de selección do concurso establécense na cláusula 15ª (PCAP).

14. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

15. Data do envío do anuncio ó DOCE (Diario Oficial das Comunidades Europeas):

23 de marzo de 2001.

Redondela, 22 de marzo de 2001.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde