Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 5 de abril de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a reordenación de volumes no soar sito na estrada da Paz-Parga, neste concello, promovido por Construcciones Vila-Miño, S.A. e redactado polo arquitecto López Valiño con data do marzo último.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Gali

cia, durante o cal os interesados poderán consulta-lo expediente e formular por escrito as alegacións que xulguen pertinentes.

Este anuncio servirá de notificación ós posibles propietarios de paradoiro ou identidade descoñecida, que non poidan ser citados persoalmente para o trámite de información pública, para os efectos do previsto no artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, con consonancia co 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Guitiriz, 6 de abril de 2001.

María José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa