Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

Para os efectos do determinado nos artigos 133 da Lei do solo de Galicia e 162 do Regulamento de xestión urbanística e en relación coa aprobación definitiva dos estatutos e as bases de actuación da UE-1 do PXOU de Celanova, faise constar que a Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día catro de abril de dous mil un, adoptou, por unanimidade, o acordo que a seguir se transcribe:

«Aprobados inicialmente os proxectos de estatutos e as bases de actuación da xunta de compensación da unidade de execución UE-1 e sometidos a información pública, con notificación individual ós propietarios afectados e presentadas alegacións por parte dos copropietarios Senén Novoa Fernández e Amalia Pérez Vilanova, representados polo letrado Ama

dino Pereira Fernández, e informados polo secretario do concello, acórdase o seguinte:

Primeiro.-Desestimar integramente as alegacións formuladas por Amadino Pereira Fernández, en nome e representación de Senén Novoa Fernández e Amalia Pérez Vilanova, respecto á aprobación inicial dos estatutos e as bases de actuación da UE-1 do PXOU de Celanova, de acordo co informe da secretaría, que se trasladará ó interesado para efectos de motivación.

Segundo.-Aprobar definitivamente, por instancia da comisión xestora da UE-1, os estatutos e as bases de actuación para a xunta de compensación da UE-1 do PXOU de Celenova que se vai constituír para a xestión do devandito polígono.

Terceiro.-Notificarlles este acordo ós propietarios afectados e requirir, de acordo co establecido no artigo 134 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ós propietarios afectados e que non solicitaron aínda a incorporación á xunta, para que así o efectúen, se o desexan, no prazo dun mes contado a partir da notificación deste, con expresa advertencia de que en caso contratario poderán depararlle as consecuencias previstas no punto 1, parágrafo 2º, do referido artigo, para a expropiación e ocupación dos terreos da súa propiedade a favor da xunta de compensación.

Cuarto.-Designar representante deste concello na xunta de compensación o alcalde ou concelleiro en quen delegue».

Celanova, 5 de abril de 2001.

O alcalde

Rubricado