Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión con data do 30 de novembro do ano 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes e fixación de aliñacións e rasantes nas parcelas números 33 e 34 da unidade de execución nº 25 sita na Pena-Sigrás, que presenta Mercedes Arguerey Cabana, en representación de Casas, 33, S.L., e redactado polos arquitectos Antonio González Gil e Marcial Mosquera Lorenzo.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia e o artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo e Réxime Interior deste concello.

Cambre, 1 de febreiro de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde