Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2001 referente á convocatoria para prover unha praza de administrativo.

No BOP da Coruña número 57, do día 10 de marzo de 2001, publícanse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello de Brión para cubrir, mediante concurso-oposición, promoción interna, unha praza de administrativo, encadrada na escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, vacante no cadro de persoal funcionario.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos deste concello.

Brión, 15 de marzo de 2001.

José Luis García García

Alcalde