Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión do 25 de abril de 2000, o documento denominado Plan parcial reformado As Pateiras, e unha vez exposto ó público este en forma e tempo regulamentario, e despois de emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o preceptivo informe en sentido favorable á aprobación do dito documento, pero no que se incluían tres observacións que deberían ser tidas en conta, a promotora elaborou en texto refundido do Plan parcial As Pateiras, no que se dá cumprimento ás ditas observacións, e a Comisión de Goberno deste concello, en sesión do 13 de marzo de 2001, acordou aprobar definitivamente o documento denominado: texto refundido do Plan parcial do sector de solo urbanizable S.07 das Pateiras.

Contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdicción, sen prexuízo da interposición de calquera outro que se considere procedente.

O que se fai público de acordo co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ames, 27 de marzo de 2001.

José Astray Lorenzo

Alcalde