Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 13 de marzo de 2001, acordou aprobar definitivamente o proxecto de estatutos e bases de actuación da xunta de compensación do polígono único do Plan parcial As Pateiras, o cal fora aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno en sesión do 24 de outubro de 2000.

O que se fai público sinalando que, de conformidade co disposto no artigo 134 da Lei 1/1997, do 24 marzo, do solo de Galicia, e o artigo 10.6º

dos estatutos e bases da xunta de compensación, os propietarios do polígono que non solicitasen a súa incorporación á xunta de compensación, poderán incorporarse con igualdade de dereitos e obrigas a ela, dentro do prazo dun mes a partir de que lles sexa notificado o acordo de aprobación definitiva dos estatutos e bases de actuación da xunta de compensación, para o cal deberán dirixir escrito ó concello, co que deberán achegar copia dos títulos no que se funde o dereito respectivo.

Contra o acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdicción, sen prexuízo da interposición de calquera outro que se considere procedente.

O que se fai público, de acordo co establecido no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ames, 27 de marzo de 2001.

José Astray Lorenzo

Alcalde