Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 8 de marzo de 2001, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación, que se insire a continuación non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou foron alegadas distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748, do Banco Galego sucursal 0101, rúa Concepción Arenal nº 19,

da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (R.X.R.).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do R.X.R., esixiranse os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 de la Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 8 de marzo de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo da Coruña

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Freire Rey, José Ramón76319921 pasaporteAsistencia sanitaria1-12-200035.840

Sousa Caldas, Marcia deCF629176 pasaporteAsistencia sanitaria2-10-200035.840

Arcilla Hernández, TonnyCC16366406 pasaporteAsistencia sanitaria5-9-200035.840

Míguez Eirín, Ricardo32417903Asistencia sanitaria15-10-200035.840

Córdoba Novoa, Luz Meri28879766Asistencia sanitaria11-11-200035.840

Pelicano Agria, Anabela7727069Asistencia sanitaria 28-9-200035.840

Aniceto Viana, IedaCK454363 pasaporteAsistencia sanitaria20-11-200035.840

Bedoya Rozo, Olga Patricia52121901 pasaporteAsistencia sanitaria11-6/19-6-2000514.458

Saldarriaga Hernández, Francia MilenaCC42029912 pasaporteAsistencia sanitaria13-12-200035.840