Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, resolución do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para facelo, causa prevista no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.
E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 9 de marzo de 2001.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Nº expediente de desafiuzamento: 14/2001 (ocupación s/título).
Expedientado: Juan Caruncho López e outros.
Último domicilio coñecido: Rúa Fonte da Greza, bloque 2, P-4, 2º dereita, Polígono de Esteiro (Ferrol).
(Expediente C-85/190, conta 21).