Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2001 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha subministración que ten por obxecto a adquisición de diverso equipamento informático para o Instituto Galego de Estatística.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico-Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 626.1/03.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de equipamento informático, coa seguinte desagregación en lotes (ver prego de prescricións técnicas):

Lote 1: ordenadores persoais.

Lote 2: servidor de bases de datos.

Lote 3: licencias de software.

b) Número de unidades que se van entregar: ver prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes: tres (3) lotes.

d) Lugar de entrega: IGE; complexo administrativo San Lázaro. San Lázaro s/n, Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: un (1) mes, contado a partir da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 15.700.000 pesetas (94.358,90 euros), coa seguinte desagregación:

Lote 1: 9.000.000 de pesetas, 54.091,09 euros.

Lote 2: 5.000.000 de pesetas, 30.050,60 euros.

Lote 3: 1.700.000 pesetas, 10.217,20 euros.

5. Garantía provisional: 314.000 pesetas (1.887,18 euros), coa seguinte desagregación:

Lote 1: 180.000 pesetas, 1.081,82 euros.

Lote 2: 100.000 pesetas, 601,01 euros.

Lote 3: 34.000 pesetas, 204,34 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Negociado de rexistro do IGE.

b) Domicilio, localidade e código postal: complexo administrativo San Lázaro. San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, C.P. 15703.

c) Teléfono e fax: teléfono 981 54 13 21 e fax 981 54 13 23.

d)Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non existe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro do IGE, das 9 ás 14 horas, ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Admisión de variantes: admítense variantes sobre a configuración dos equipos informáticos.

10. Apertura de ofertas económicas: o sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións, ás doce (12) horas nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2001.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística