Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de marzo de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican ós interesados os acordos de incoación de expedientes administrativos de desafiuzamento 4/2001 e tres máis, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992. (Non ocupación). (Regularización).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícanselles ós interesados, cos datos e últimos enderezos coñecidos sinalados no anexo, os acordos de incoación dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este Servicio Provincial do IGVS, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo, darase por evacuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de domicilio descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 9 de marzo de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Nº expediente de desafiuzamento: 4/2001 (non ocupación).

Expedientado: Manuel Caínzos Pita e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Rúa da Pereira 2, 1º esq., Sta. Mariña (Ferrol).

(Expediente C-586, conta 87).

-Nº expediente de desafiuzamento: 5/2001 (non ocupación).

Expedientado: José Guerra Blanco e herdeiros.

Último domicilio coñecido: barrio das Flores, bloque 34, P-11, 2º der. (A Coruña).

(Expediente C-136-CD/63, conta 906).

-Nº expediente de desafiuzamento: 6/2001 (non ocupación).

Expedientado: José Martínez García e herdeiros.

Último domicilio coñecido: barrio das Flores, r/ Pensamientos nº 14, 6º der. (A Coruña).

(Expediente C-136-CD/63, conta 1384).

-Nº expediente de desafiuzamento: 11/2001 (non ocupación).

Expedientada: Ramona López Pena e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Fernando VI, bloque 2, P-2, 2º D, polígono de Esteiro (Ferrol).

(Expediente C-81/050, conta 84).