Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/1-1). Modificado 2000.

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Ponteceso-Malpica de Bergantiños e derivados.

Situación: Ponteceso-Malpica de Bergantiños.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas, baixo tubo, e aéreas sobre apoios de formigón, a 20 kV: -tramo subterráneo, de 515 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. edificio Ponteceso (expediente 34932) con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al e final no apoio paso subterráneo-aéreo da liña Ponteceso-Badarra. Tramo aéreo, de 5.035 m de lonxitude, con orixe no dito apoio paso subterráneo-aéreo con conductor LA-110 e final no lugar de Badarra-Cores. Tramo aéreo, de 745 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 18 da dita liña, con conductor LA-56 e final da liña existente desde CC.TT. Nemeño e O Rueiro a Corme. Tramo subterráneo, de 170 m de lonxitude, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, con orixe no apoio nº 23 da liña Ponteceso-Badarra e final na liña existente que alimenta o C.T. A Campara. Tramo subterráneo, de 25 m de lonxitude, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95)mm Al, con orixe no apoio nº 26 da liña Ponteceso-Badarra e final na liña

existente que alimenta o C.T. Cores. Ponteceso.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 6 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña