Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/44-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: anexo I L.M.T.S., C.T. Longais-Iria Flavia-Padrón.

Situación: Padrón.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 2(3x240) mm Al, de 570 m de lonxitude, con orixe na liña nº 6 Padrón-Ponte Espiño e remate no C.T. Longais-Iria Flavia. Centro de transformación en caseta antiga, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Longais-Iria Flavia-Padrón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña