Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/78-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío instalación subida ó Monteferro.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 760 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio existente tipo HVH-1.000/15 da liña que se proxecta ata o C.T. existente do Monteferro II, no concello de Nigrán. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aerosubterránea, de 245 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor R.Z. e 990 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 1 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra