Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Castelar-rúa Cega-Sol.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo en con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3x(1x240)mm Al, de 975 m de lonxitude, con orixe no C.T. de Castelar e interconectando os CC.TT. de Caixa de Aforros, Africano, subt. Xral. Mola, Santo André 141, rúa Cega e Sol e con remate na liña Hospital, no concello da Coruña. Centro de transformación tipo subterráneo, na praza Africano, de 800 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, no concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 6 de marzo de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña