Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: variante L.A.T. 66 kV Sabón entre os apoios 3 e 5.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: modificación da instalación eléctrica existente denominada L.A.T. 66 kVA A Grela-Sabón consistente en varia-la traza existente entre os apoios números 2 e 6, implantando os novos apoios números 3 bis, 4 bis e 5 bis, instalando torres metálicas de celosía e conductor LA-180, de 657 m de lonxitude; instálase tamén cable de terra/fibra óptica, tipo OPGW de 24 fibras para comunicacións, no concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 6 de marzo de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña