Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. avda. de Vilalba, 6.
Situación: As Pontes de García Rodríguez.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo en con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3x(1x240)mm Al, de 30 m de lonxitude, con orixe en L.M.T.S. e C.T. avda. de Vilalba (expediente 51406) e remate no C.T. proxectado, no concello das Pontes de García Rodríguez.
-C.T. non prefabricado en avda. de Vilalba, 6, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación 20/0,380-0,220 kV, no concello das Pontes de García Rodríguez.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 6 de marzo de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña