Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.098

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 22 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, lista B, de conformidade coas resolucións do 16 de outubro e do 11 de decembro de 2000.

Advertido erro nas listas de admitidos ás que se refire a citada resolución, publicada no DOG nº 17, do 24 de xaneiro, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Na puntuación de María de los Ángeles Ares Sánchez, DNI 76.363.227, debe engadirse na base 1: 5,700 puntos, pasando a ter unha puntuación de 7,250, co seguinte número de orde:

-Servicios centrais: 46.

-A Coruña: 43.

-Lugo: 32.

-Ourense: 30.

-Pontevedra: 37.