Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.098

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan púbicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), lista B, de conformidade coas resolucións do 23 de xuño e 27 de outubro de 2000.

Advertidos erros na lista de admitidos á que se refire a citada resolución, publicada no DOG nº 250, do 28 de decembro, é necesario realiza-la seguinte corrección:

Na puntuación de María Belén Souto García, DNI 33.283.563, debe engadirse na base 6: 1,50 puntos, pasando a ter unha puntuación total de 2,950 e ocupando o número de orde 57 no ámbito de servicios centrais.